inicio cursos servicios galeria horario contacta

castellano / galego

 

A Academia Yara naceu en setembro do 1991 en Ribeira, A Coruña. É a primeira academia do Barbanza con titulacións oficiais e privadas nas tres disciplinas da Imaxe Persoal: Perruquería, Maquillaxe e Estética.

O noso obxectivo principal é ofrecer aos alumnos e alumnas a mellor calidade formativa, tanto teórica como práctica, que lles garanta un bo futuro profesional dentro do mundo do desenvolvemento da imaxe persoal.

A formación que impartimos realízase de acordo cos programas formativos en nivel III recoñecidos pola fundación OMAT (Organización Mundial de Artes e Técnicas) dende o ano 2000 e, todos eles, homologados por HABIA (Hairdressing and Beauty Industrial Authority). Son títulos oficiais encadrados dentro dos NVQs do Reino Unido.

Tamén somos Centro Colaborador de Formación Ocupacional dende 1994.

Ademáis, dispoñemos do certificado ISO 9001:2008 que acredita o noso cumprimento dos requisitos esixidos polo sistema de xestión da calidade.

Entre outros, formamos parte da Asociación de Empresarios de Ribeira (VIAMARE) e fomos galardoados co Dolmen de Ouro 2007 como recoñecemento do noso labor empresarial.